Benvido! / benvida!

Benvido ou benvida á miña páxina persoal. Se estás aquí imaxino será porque tes interese en coñecerme, pois ben preséntome:

Son Pablo Argibay Portela e nacín un 4 de febreiro en Raxó, unha parroquia do concello de Poio, lugar onde resido. Dende moi novo estudei en Pontevedra, ata que comecei a universidade, momento no que mudei a Santiago para posteriormente voltar á casa e comezar de novo na UVigo.

Actualmente estou facendo o Máster en InnovaciónIndustrial e Optimización de Procesos da Universidade de Vigo, entidade pola que estou graduado en Administración e Dirección de Empresas. Da facultade de Ciencia Económica e Empresariais formo parte do grupo de representantes de alumnos en Xunta de Facultade e Comisión Permanente. No eido da representación estudantil formo parte tamén da executiva do Movemento Estudantil Universitario (MEU) dende novembro de 2010.

Actualmente realizo as miñas práticas en Distevi, unha empresa que traballa principalmente para o sector do automóbil deseñando e fabricando sistemas de automatización de cadenas de montaxe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *